LABORATORIOS PIÑEIRO, S.A. foi constituída en 1927.

En 1989, lanzamos a gama "SANIDADE EQUINA", única ata aquela data que, de forma monográfica, cubría a practica totalidade de tratamentos e complementos hixiénicos e nutricionais para o cabalo. Grazas a aquela iniciativa e á súa positiva evolución no mercado, o noso Laboratorio é a marca con maior volume de vendas e presencia no mercado deste emerxente e importante segmento comercial.

En 1992 tocoulle a quenda á nosa liña de animais de compañía "COMPAÑEIROS DE CASA", a cal se caracteriza por incorporar principios activos totalmente naturais e con taxas nulas de toxicidade e residuos (tanto en animal vivo e post-morten coma no refugallo, escoura do produto e o seu material de acondicionamento).

Na actualidade, a nosa empresa ocupa un importante lugar entre as elaboradoras de medicamentos para veterinaria de España. As nosas instalacións están homologadas coas máis estritas normas (GMP, ISO, etc.) de fabricación e control de procesos. Isto permítenos ofrecer ao mercado produtos de alta calidade e cualificación técnico - sanitaria.

REF: Pino // Stock: Dispoñible